Como nun álbum de contos narrado no aire, as OLLOFÁBULAS pasean por escolas e bibliotecas o mundo da plástica e a oralidade. OSCAR VILLAN dá cor e forma á palabra , CHARO PITA pon aceno e voz ás imaxes. Unha relación case máxica para os que aínda cren no placer de combinar as artes.
OBXECTIVOS:
_Achegar o mundo das artes plásticas e a oralidade aos cativos.
_Amosar as posibilidades interdisciplinarias das diferentes manifestacións artísticas (música e palabra).
_Dar a coñecer relatos e libros que teñan que ver coa pintura.
_Observar de primeira man o proceso creativo do ilustrador de historias. _Estimular os sentidos da vista e o oído.
NECESIDADES
_Auga.
_Un lugar con boa sonoridade onde os cativos estean cómodos e podan ver ben.
_Dado o carácter visual do espectáculo As Ollofábulas, rógase un número limitado de aforo así como unha ubicación non afastada do público para que podan seguer o proceso de ilustración e participar nel.
Charo Pita, contadora
Charo Pita traballa como narradora de historias dende hai 15 anos. Tamén ten experiencia no teatro e publicado libros tanto para nenos como para adultos nas editoriais Kalandraka, OQO, Espiral maior, Palabrasdelcandil, Brosquil...
Óscar Villán, ilustrador
Ilustrador, cartelista, fotógrafo, deseñador, Óscar Villán recibe moi cedo o pretixioso Premio nacional de ilustración, en 1999, e dende entón non para de desenvolver a súa carreira en numerosos eidos. Paricipa en numerosas exposición colectivas, imparte talleres, conferencias e ten publicados numerosos títulos como ilustrador entre os que destacan o exitoso Coelliño branco ou A cebra Camila.
(1629 kb)
© 2009 Sirgo Torcendo. Cultural Management