ACCES_TITULO

Inicio Sirgo Torcendo ALT_IR_INICIO

ACCES_MENU_IDIOMAS ACCES_MENU_PRINCIPAL

Austrian Baroque Company

TITULO_VOLVER

Unha musicalidade explosiva, unha magnífica interpretación á frauta, “swing barroco”..., así se podería definir este grupo de cámara de prestixio internacional, a Austrian Baroque Company (antes Oman Consort) que, desde a súa fundación en 2001, recibiu as louvanzas da crítica e as máis importantes distincións nos seus traballos discográficos. Alma máter do grupo é o virtuoso frautista Michael Oman.

A Austrian Baroque Company (ABC) interpreta música europea dos séculos XVI a XVIII con diversas formacións, desde o trío ata a orquestra de cámara, poñendo especial énfase no traballo dun variado programa para consort e continuo, dando un amplo protagonismo ás características sonoras e estilísticas da frauta de bico barroca.

Os programas amosan diferentes aspectos dunha determinada época na historia da música, deixando o debido espazo á intuición e inspiración. Desde un recital íntimo de frauta barroca de bico ata un concerto para frauta de Vivaldi, o grupo ten realizado xa numerosos proxectos artísticos con moi diferentes temáticas e teñen gravados varios CD, polos que recibiron as mellores louvanzas da prensa especializada, que describe este grupo de música de cámara barroca como “incriblemente áxil, impetuoso e, ás veces, folclórico”, e tamén como “unha festa arrebatadora con sangue do Danubio correndo polas veas”.

En colaboración co selo ORF Edition Alte Musik da radio austríaca, o grupo editou catro CD: o último, Greetings from London (2007). En xaneiro de 2009 o grupo comezou a súa colaboración coa marca Sony (Deutsche Harmonia Mundi), coa que gravou dous discos, Exit Baroque e Neun deutsche Arien, con música de Händel coa soprano española Nuria Rial. Desde a súa fundación en 2001, o grupo foi invitado a numerosos festivais e ciclos de música de Austria e Europa.

MICHAEL OMAN

Nado en Linz (Austria), é un dos máis versátiles frautistas da súa xeración. Estuda na Facultade de Música de Viena e no Conservatorio de Amsterdam co profesor Walter van Hauwe. Posteriormente, cursa estudos en Pitigliano (na Toscana) co profesor Kees Boeke, e tamén en Arezzo. Ten realizados tamén traballos de investigación, sobre todo no eido da música medieval, no conservatorio de Trossigen e na Schola Cantorum de Basilea.

O seu repertorio abrangue baladas e estampidas medievais, música renacentista para consort, sonatas e concertos do Barroco temperá e tardío, así como música dos séculos XX e XXI. Traballou baixo a dirección de nomes coma Gerd Albrecht, Philippe Entremont, Peter Schreier, Erwin Ortner, Martin Haselböck, Sir John Eliot Gardiner ou Sir Roger Norrington, e colaborou con grupos coma Ars Antiqua Austria, Armonico Tributo Austria, o conxunto de solistas da Wiener Akademie, a Wiener Kammerorchester, os Wiener Bachsolisten, a Camerata Salzburg, entre outras.

Desde 1989, é profesor de Frauta e Música de Cámara na universidade privada Anton Bruckner, en Linz. Realizou tarefas docentes tamén no Institut für Alte Musik und Historischer Aufführungspraxis, así como en universidades austríacas e do estranxeiro (Praga), conservatorios (Klagenfurt, Thessaloniki), e impartiu clases maxistrais de música antiga en Krieglach, na Austria Barockakademie e no Schloss Weinberg, entre outros.

Martina Schobersberger

Daniel Oman cun colescione

Balasz Mattei

  • Michael Oman
    frauta de bico e dirección
    Amandine Beyer
    violín barroco
    Balázs Máté
    violonchelo barroco
    Wolfgang Heiler
    fagot barroco
    Daniel Oman
    guitarra barroca, archilaúde e colascione
    Martina Schobersberger
    clave e órgano positivo

VER_PROGRAMA

(150 kb)


© 2009 Sirgo Torcendo. Cultural Management