Ritmos e músicas do mundo
Os compoñentes de Mala Herba teñen unha fonda formación nos eidos da música clásica e popular, así como unha ampla traxectoria concertística e, desde a súa presentación na praza do Toral de Compostela, co gallo da celebración do día da música en 2002, o grupo ten actuado en numerosos escenarios de Galicia e Norte de Portugal.
O seu repertorio está integrado por diferentes danzas populares, desde tangos ata mazurcas, valses, pasodobles, muiñeiras, pezas populares galegas e outras de creación propia, nun intento de recrear, nos seus, concertos, un ambiente máxico e evocador.
Os seus programas ofrecen músicas para ser escoitadas ou para ser bailadas, tanto nun ambiente íntimo en pequenos espazos, coma en espazos abertos ao ar libre. Un espectáculo de músicas do mundo ao vivo destinado a todos os públicos, axeitado para ciclos de música folk ou músicas con raíces, concertos didácticos, para escolares ou alumnos de conservatorios e escolas municipais de música.
© 2009 Sirgo Torcendo. Cultural Management