Menú de accesibilidade con accesos directos a menús e contidos

Inicio Sirgo Torcendo Logotipo de Sirgo Torcendo

Menú de selección de idioma Menú principal coas seccións fundamentais da web

Trasmundi

volver

O grupo Trasmundi constitúese no ano 1998 coa unión de Moisés Quintas, Rosa Gayoso e Xosé Manuel Fernández.

Rosa Gayoso canta e toca o violín e a zanfona. Intérprete de formación clásica, ten colaborado con grupos folk, como Liorna, e participou na gravación do disco Santiago, dos Chieftains.

Do acordeón, o piano e os teclados ocúpase Xosé Manuel Fernández, longo tempo membro de Arco da Vella e colaborador doutros grupos folk e de formacións clásicas.

O terceiro elemento de Trasmundi é Moisés Quintas, compañeiro de Xosé Manuel Fernández en Arco da Vella e colaborador doutras formacións como Xeque Mate (actualmente Camerata Meiga). Toca frautas, guitarras, gaita e mandolina.

"Raianos" e "En tempos que se foron", son os dous primeiros discos do trío Trasmundi, creacións que poderiamos definir como folk clásico pola sonoridade onde salientan a pureza dos timbres, a instrumentación limpa, de brillos acústicos, e a formación clásica dos seus intérpretes.

A composición, os arranxos e a produción artística foron un traballo compartido. Estamos, xa que logo, ante o proxecto común de tres músicos apostando por unha idea global que incluso afecta a aspectos como as ilustracións, as fotografías, os textos e o deseño.

A aposta polo sentido clásico da audición musical que Trasmundi fai nos seus discos, ten tamén unha implicación na actual tendencia de recuperación da música tradicional e non pode ser entendida sen ter esta en conta. A variedade instrumental do disco, con gaita, frautas, violín, zanfona, acordeón e percusións, contribúe a este ton tradicional que, como eles recoñecen, "vai paralelo" ás súas vidas e "está moi presente á hora de compoñer", dando pé a multitude de ritmos tradicionais de polcas, nanas ou alalás, mesturados co virtuosismo musical máis clásico.

Trasmundi 1

Trasmundi 2

Trasmundi 3

  • Rosa Gayoso
    violín e voz
    Xosé Manuel
    piano, acordeón e teclados
    Moisés Quintas
    frautas, guitarra, mandolina e gaita
    Marcos Rivera
    guitarra acústica
    Xosé Lois Lorenzo
    baixo eléctrico
    Marcos Vázquez
    batería e percusións

© 2009 Sirgo Torcendo. Cultural Management