Especficamente, o seu repertorio abrangue dende a música composta nos séculos centrais da Idade Media ata a música do primeiro Renacemento, tomando como referente central o ano 1500, ano que dá nome ao grupo.
Os e as compoñentes de 1500 contan cunha ampla traxectoria concertística sendo membros ou colaborando con outras formacións de ámbito nacional e internacional (Malandança, Grupo de Cámara da Universidade de Santiago, In Itinere, Música Doméstica, Capela Compostelá, Martín Códax, Resonet, Ultreia, etc.), ofrecendo numerosos concertos tanto en Galiza coma no resto de España e de Europa.
Na interpretación e elaboración dos diferentes programas, o grupo busca o máximo rigor histórico e conceptual empregando un amplo repertorio de instrumentos medievais e renacentistas, réplicas de instrumentos antigos.
Ademais da súa actividade concertística o grupo desenvolve outro tipo de proxectos relacionados coa música, dende a súa concepción e deseño, ata a súa execución: bandas sonoras para audiovisuais (colaboración na curta Cadea perpetua e nos documentais O mariscal, mito, lenda e realidade e Cetreiros do Século XXI), concertos, guías e materiais didácticos e concertos monográficos de temática específica.
(99 kb)
© 2009 Sirgo Torcendo. Cultural Management