Nado na localidade italiana de Mals en Vinschgau, recibe formación no Landeskonservatorium de Innsbruck (Austria), cos profesores Reinhard Jaud e Bojidar Noev. Posteriormente especialízase na interpretación da música antiga con instrumentos antigos de tecla baixo a dirección de Gustav Leonhardt, Hans van Nieuwkoop e Kees van Houten, en Holanda, William Christie en París e Jean-Claude Zehnder na Schola Cantorum de Basilea. Tamén se licenciou en xermanística e é organista oficial da parroquia de Mariahilf, en Innsbruck, ademais de profesor de clave, baixo continuo e órgano no conservatorio desa cidade. Tras recibir prestixiosos premios percorre gran parte dos países europeos desenvolvendo unha intensa actividade concertista e realiza varias gravacións para a ORF (a radio austríaca). Como director artístico do ciclo de música antiga Abend Music-Lebensmusik de Innsbruck, funda e dirixe, desde o ano 2002, o grupo de música Vita e Anima, co que realiza numerosos concertos e colaboracións con importantes grupos europeos de música antiga.
© 2009 Sirgo Torcendo. Cultural Management