Menú de accesibilidade con accesos directos a menús e contidos

Inicio Sirgo Torcendo Logotipo de Sirgo Torcendo

Menú de selección de idioma Menú principal coas seccións fundamentais da web

Omega Brass Ensemble

volver

Os MEtais de GAlicia é un dos proxectos musicais máis interesantes e inquedos dos últimos anos en Galicia.

Esta formación nace en 2008 por iniciativa de 5 músicos profesionais, todos eles instrumentistas de vento-metal, coa intención de difundir e pular por este tipo de instrumentos e pola música para eles composta.

Os compoñentes do grupo contan cunha ampla traxectoria profesional de colaboración con formacións como a Real Filharmonía de Galicia, a Oviedo Filarmonía, a Orquesta de Cámara de Menorca e as sinfónicas de Galicia, Estremadura, Madrid, Granada, Barcelona, Navarra, Castela e León ou a Nacional de Catalunya, entre outras.

Actualmente o grupo colabora con compositores galegos no fomento da creación musical, estreando e difundindo composicións orixinais para este tipo de formacións.

Omega Brass Ensemble interpreta nos seus concertos obras estilisticamente moi variadas, dando a coñecer todo tipo de repertorio cun aire ameno e desenvolto e presentando programas destinados a todos os públicos e idades.

  • Axenda

  • 28 / 3 / 2010
    Concerto de Semana Santa
    San Martiño de Foz
  • 17 / 5 / 2010
    Concerto día das Letras
    Casa da Cultura de Negreira
  • 23 / 10 / 2010
    A todo Brass
    Concello de Sada
  • 27 / 11 / 2011
    A todo Brass
    Museo de Belas Artes, A Couña

Omega Brass Ensemble 1

Omega Brass Ensemble 2

Omega Brass Ensemble 3

  • Ramón Llátser
    trompeta
    Fernando Rey
    trompeta
    Benjamín Iglesias
    trompa
    Iago Ríos
    trombón
    Jonathan Vázquez
    tuba

© 2009 Sirgo Torcendo. Cultural Management