Menú de accesibilidade con accesos directos a menús e contidos

Inicio Sirgo Torcendo Logotipo de Sirgo Torcendo

Menú de selección de idioma Menú principal coas seccións fundamentais da web

La Cecchina

volver

Francesca Caccini, tamén chamada a Cecchina, foi compositora na Florencia de principios do século XVII.

Desta figura, ata o día de hoxe case descoñecida, toma nome este grupo, fundado en 2004 en Basilea, cidade na que cursaron estudos de música antiga todos os seus membros, no seo da Schola Cantorum Basiliensis.

O repertorio da formación abrangue desde o final do século XVI ata finais do XVII, isto é, o paso da polifonía á monodia acompañada, o que ofrece a posibilidade de crear pontes entre dúas estéticas que sempre se presentan claramente separadas: o renacemento e o barroco.

Desde a súa fundación, o grupo ten ofrecido diversos concertos en festivais de Francia, España, Bélxica, Holanda e Suíza.

En 2005 gravaron para a radio suíza DRS, diversas composicións de Francesca Caccini.

Giovanna Pessi con arpa

Giovanna Pessi e Ana Arnaz

Ana Arnaz

  • Ana Arnaz
    soprano
    María Ferré
    tiorba, laúde, guitarra
    Liz Rumsey
    viola da gamba e lirone
    Vincent Flückiger
    tiorba
    Giovanna Pessi
    arpa

© 2009 Sirgo Torcendo. Cultural Management