Menú de accesibilidade con accesos directos a menús e contidos

Inicio Sirgo Torcendo Logotipo de Sirgo Torcendo

Menú de selección de idioma Menú principal coas seccións fundamentais da web

Arte en Parte

volver

Arte en pArte nace en Vigo en 1995 integrado polos guitarristas Ángela Ferreiro e Iago Reigosa, coa intención de interpretar música escrita para dúo de guitarras dos séculos XIX e XX.

Despois dun período de formación no que reciben clases de importantes figuras como Los Angeles Guitar Quartet, David Russell, Manuel Barrueco, José Tomás e Gerardo Arriaga, entre outros, no ano 1997 fan a súa presentación en concerto.

En 1998 participan no “VII Concurso Internacional Simone Salmaso” (Italia) e obteñen o 2o premio. Son galardoados de novo no concurso “Ghitaralia 98” (Polonia). A partir de entón centran a súa actividade no repertorio do século XIX. Para a súa interpretación empregan dúas guitarras clásico-románticas construídas en Colonia por Bernhard Kresse, que se baseou nun orixinal de 1840 do guitarreiro Louis Panormo. Será o único grupo español seleccionado no ano 2000 para participar no Fringe do XXIII Festival Internacional de Música Antigua de Barcelona.

Arte en pArte actuou tanto en escenarios españois como de fóra do noso país, visitou cidades como Madrid, Barcelona ou Valencia e tocou en lugares como o auditorio da Fundación Juan March (Madrid), o Palau Centelles (Barcelona), o Mosteiro de San Rosendo de Celanova, o Hostal dos RR.CC. (Santiago), o Festival de Música Cidade de Lugo, o Festival Internacional de Guitarra de Ponferrada, o ciclo Música na Compañía, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela, ou o Ciclo Guitarrísimo, organizado polo Instituto Cervantes de Múnic. En 2007, e contando coa colaboración da Axencia Española de Cooperación Internacional e do IGAEM, realizan una xira por Brasil organizada polo Instituto Cervantes de São Paulo, que lles leva a percorrer as principias cidades do país (Rio de Janeiro, São Paulo, Brasilia, Salvador de Bahía e Porto Alegre) e que inclúe a súa presentación na prestixiosa Sala Cecilia Meireles de Rio de Janeiro e a realización dunha Masterclass na Escola Municipal de Música de São Paulo. En marzo de 2008 participan no Festival Internacional de Guitarra organizado polo Instituto Cultural. Peruano-Norteamericano, no que ademais imparten clases maxistrais, e en abril do mesmo ano ofrecen unha xira de catro concertos, dentro do festival Espazos Sonoros, organizado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

En novembro de 2001 participan no Simposium sobre guitarra y cítara, organizado pola fundación Stiftung Kloster Michaelstein (Alemaña), onde realizan unha conferencia- recital sobre a guitarra española ca. 1800, incluída no libro Guitarre und Zister. Bauweise, Spieltechnik und Geschichte bis 1800, publicado posteriormente pola mesma fundación en 2004.

En 2003, a compañía discográfica Nuova Era (Italia) publica o seu primeiro CD, dedicado á música para dúas guitarras do compositor español Fernando Sor. Ángela Ferreiro (guitarra clásico-romántica)

"Arte en pArte ofrece un soberbio recital Sor en Nuova Era...un grado de compenetración muy difícil de alcanzar que muestra hasta qué punto el dúo de guitarras es una especialidad..., ... no son sólo cómplices en el mecanismo, en esos dieciséis dedos perfectamente acordados, sino en en el espíritu, en la idea de una música que expresa y fluye para terminar comunicando" . (Javier Suárez-Pajares, Diverdi)

Anxela Ferreiro coa guitarra

Imaxe dunha actuación de Arte en Parte

Primeiro plano tocando


© 2009 Sirgo Torcendo. Cultural Management