O seu repertorio abrangue os mais importantes compositores para piano, dende o barroco até o século XX, música vocal europea de concerto, arias de ópera, operetas, zarzuelas, musical norteamericano, música latinoamericana, española e música cubana. Debido á versatilidade do seu repertorio, dispoñen dunha selección moi ampla de programas de concerto, e desde a súa formación como dúo participaron en importantes ciclos e xiras de concertos, así como en diversos festivais de música.
Un dos seus traballos mais importantes como dúo foi a gravación do disco A la antigua (Columna Música, Barcelona, 2004), onde homenaxean a importantes compositores cubanos de finais do século XIX e principios do XX. Este disco tivo moi boa acollida por parte da crítica musical e o público.
Un dos propósitos fundamentais desta formación é o de ofrecer a todo tipo de público unha gran variedade de repertorio musical de calidade, xa sexa o universal ou o da música cubana.
(156 kb)
© 2009 Sirgo Torcendo. Cultural Management