Menú de accesibilidade con accesos directos a menús e contidos

Inicio Sirgo Torcendo Logotipo de Sirgo Torcendo

Menú de selección de idioma Menú principal coas seccións fundamentais da web

Silva de Sons

volver

Música e danza barroca

Silva de Sons toma o seu nome do famoso libro para viola de man de Enrique de Valderrábano Silva de Sirenas, en el cual se hallará toda diversidad de música…. Xorde en maio de 2007, no seo do Grupo de Música Antiga 1500, con motivo dunha encarga para a inauguración, na biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela, dunha exposición sobre libros do comediógrafo italiano Carlo Goldoni no fondo antigo desta universidade. Cunha base estable de tres músicos, o grupo pretende dar cabida a diferentes tipos e estilos de músicas, colaborando con outros músicos, instrumentistas e artistas de toda índole de diferentes eidos e estilos.

Eva Narejos

Nacida en Alacante, estuda piano e danza clásica. Posteriormente toma contacto coa danza histórica baixo a dirección de María José Ruiz Mayordomo. Forma parte das compañías de danza Barroc-Ballet, Erregelak e do grupo de música antiga Lyra Hispana, onde desenvolve o proceso de creación coreográfica. Actualmente é profesora repertorista de canto no Conservatorio Superior de Música Óscar Esplá de Alacante e ofrece cursos de danza renacentista e barroca por toda a xeografía española.

Juan Jesús García

Licenciado en Educación Física pola Escuela Superior de Educación Física de México, desde ben cedo comeza a interesarse polas disciplinas do movemento artístico e a danza. En España desenvolve e amplía a súa formación en danza contemporánea coa bailarina Asun Noales e con Marta Climent. Actualmente forma parte do grupo de danza folclórica mexicana Pies Mestizos.

actuación Silva de Sons espazos sonoros

actuación Silva de Sons espazos sonoros

actuación Silva de Sons espazos sonoros

  • Roberto Santamaría
    violín barroco
    Víctor Blanco
    guitarra e arpa barroca
    Andrés Díaz
    guitarras renacentista e barroca, frauta
    Eva Narejos
    danza barroca
    Juan Jesús García
    danza barroca

© 2009 Sirgo Torcendo. Cultural Management