Menú de accesibilidade con accesos directos a menús e contidos

Inicio Sirgo Torcendo Logotipo de Sirgo Torcendo

Menú de selección de idioma Menú principal coas seccións fundamentais da web

Ensemble Oni Wytars

volver

O Ensemble Oni Wytars foi fundado en 1983 por Marco Ambrosini xunto a Peter Rabanser co obxectivo de trazar pontes entre as músicas de Oriente e Occidente, sintetizando aqueles elementos e tradicións comúns a ambas as culturas.

O grupo leva ofrecido numerosos concertos en festivais internacionais de todo o mundo e os seus integrantes proceden de diferentes países e culturas. Nos seus programas Oni Wytars pretende fusionar desde a música medieval e renacentista até música tradicional do Leste e do mundo árabe.

Un dos puntos fortes da formación é a investigación das interrelacións existentes entre a música e a arte tradicional do mundo cristián e do mundo mediterráneo islámico durante o período dos séculos XII a XVI.

O instrumentario do grupo comprende desde reconstrucións de instrumentos desaparecidos había xa tempo (medievais e renacentistas), até aqueles instrumentos que atoparon un recoñecido lugar na música tradicional europea e na música tradicional e clásica do mundo árabe: fídulas, rebeco, pochette, viola de chaves, viola de man de arco, oud, tambura, zanfona, arpa, frautas de bico, gaita, kaval, chalumeau, mey, davul, zarb, darrabukka, bendir, riqq, tammorra, etc.

Marco Ambrosini

Nacido en Forlí (Italia), estudou violín, viola e teoría musical, historia da música e composición en Ancona e Pesaro. Toca coa Orchestra Filarmonica Marchigiana e diferentes agrupacións de música antiga, barroca e contemporánea. Como intérprete especialízase na interpretación da viola de chaves ou nickleharpa. En 1983 funda canda Peter Rabanser o conxunto Oni Wytars. Conxuntamente con Katharina Dustmann dirixe o Studio Katharco-sound:creations. En 1991 preséntase como solista e compositor traballando con formacións dedicadas á música antiga e contemporánea. Desenvolve tamén un intenso traballo no eido do jazz, con Valentin Clastrier e Michael Riessler. Foi laureado pola SWF coa mención Jazz-Newcomer en 1993. Como compositor, moitas das súas obras foron estreadas na Alten Oper Frankfurt (O regreso de Marco Polo) así como na Maschinenhalle Zweckel (Entre o ceo e o inferno).

Realiza concertos en todo o mundo e producións para radio e televisión cos grupos Katharco Consort, Oni Wytars, Els Trobadors, Unicorn, Accentus, Clemencic Consort, Armonico Tributo Austria ou o Ensemble Kapsberger.

En 1992 publica o seu manual Introdución á música antiga.

Foto grupo Oni Wytars

Foto grupo Oni Wytars

Foto grupo Oni Wytars

  • Belinda Sykes
    canto
    Peter Rabanser
    canto, oud, gaitas, chalumeau
    Michael Posch
    frautas
    Riccardo Delfino
    arpa
    Marco Ambrosini
    viola a chiavi (nyckelharpa)
    Katharina Dustmann
    davul, zarb, bendir
    Ian Harrison
    chirimía, corneto, gaita
    Jane Achtman
    fídula, viola de gamba

© 2009 Sirgo Torcendo. Cultural Management