Menú de accesibilidade con accesos directos a menús e contidos

Inicio Sirgo Torcendo Logotipo de Sirgo Torcendo

Menú de selección de idioma Menú principal coas seccións fundamentais da web

Xograresca

volver

Cantos e relatos das tres culturas

Xograresca presenta un programa de músicas e historias contadas da man da cantante e actriz Charo Pita, unhas músicas que, malia pertenceren a tres culturas irremisiblemente separadas ao final da Idade Media, a cristiá, a xudía e a musulmá, compartiron e intercambiaron repertorio grazas aos arranxos dos compositores renacentistas e á maxia da tradición oral.

No programa de hoxe xúntanse pezas tiradas do Cancioneiro Musical de Palacio (que compila diversas composicións profanas da época dos Reis Católicos), do compositor estremeño Juan Vázquez e dos libros dos intérpretes de viola de man Luis de Narváez e Diego Pisador, con pezas de tradición oral de orixe sefardí.

Con respecto a este último repertorio é de destacar o sorprendente que resulta atopar pezas recollidas en lugares distantes que aínda albergan poboacións sefardís, como Bulgaria ou Turquía, con temáticas que fan referencia á península Ibérica, máis de cinco séculos despois da expulsión dos xudeus. De feito téñense documentado paralelismos textuais entre pezas do romanceiro tradicional galego e o repertorio sefardí.

No programa que escoitaremos conflúe, pois, aquilo que está hoxe tan separado no espazo pero tan achegado nas emocións.

foto de xograresca

foto de xograresca

foto de xograresca

  • Charo Pita
    Canto e narración
    María Giménez
    Canto e percusión
    Diego Rojo
    Laúde
    Andrés Díaz
    Vihuela e frautas renacentistas

© 2009 Sirgo Torcendo. Cultural Management