Menú de accesibilidade con accesos directos a menús e contidos

Inicio Sirgo Torcendo Logotipo de Sirgo Torcendo

Menú de selección de idioma Menú principal coas seccións fundamentais da web

Eduardo Egüez

volver

Laúde, tiorba, guitarra barroca

Nacido en Bos Aires, forma parte da nova xeración de laudistas arxentinos. Despois de cursar estudos de guitarra con Miguel Angel Girollet e Eduardo Fernández e de composición na Universidade Católica de Arxentina, obtén en 1995 o diploma de Laúde na clase de Hopkinson Smith na Schola Cantorum de Basilea.

Ten ofrecido numerosos concertos como solista en Europa, América Latina, Xapón e Australia, cunha acollida calorosa por parte da crítica especializada e do público. Obtivo numerosos premios en concursos internacionais: Promocións Musicais (Bos Aires, 1984); Círculo Guitarrístico Arxentino (Bos Aires, 1984); 28º Concurso Internacional de Guitarra (Radio France, París, 1986) ou o V Concurso Internacional de Guitarra (Fundacion Jacinto Inocencio Guerrero, Madrid, 1989).

Como profesor ten impartido numerosos seminarios en América Latina, Europa e Xapón. Actualmente é profesor de laúde e baixo continuo na Escola Superior de Música de Zurich, en Suíza.

Ao tempo traballa como continuísta acompañando artistas do nivel de Jordi Savall (Hespèrion XXI, La Capella Reial de Catalunya), Gabriel Garrido (Ensemble Elyma), Manfred Krämer (The Rare Fruits Council), Paolo Pandolfo (Ensemble Labyrinto), Christophe Coin (Ensemble Baroque de Limoges), Jean-Claude Malgoire (La Grande Ecurie et la Chambre du Roy), Enrico Gatti (Aurora), Christophe Rousset (Les Talens Lyriques), Rinaldo Alessandrini (Concerto Italiano), Café Zimmermann, Les Sacqueboutiers de Toulouse, Philippe Pierlot (Ricercar Consort), Stylus Phantasticus, Emma Kirkby, Rolf Lislevand, Maria Cristina Kiehr ou Victor Torres entre outros.

Ten colaborado en gravacións para os selos Astrée Auvidis, Arcana, Glossa, K617, OP 111, Alia Vox, E Lucevan le Stelle, Stradivarius, Symphonia, Alpha, MA Recordings, Ambroisie, Naïve, Naxos, Flora ou Mirare. Como solista gravaría Tombeau, un disco dedicado ás obras de Silvius Leopold Weiss; dous discos dedicados á música para laúde de Bach, e un disco dedicado a Robert de Visée (MA Recordings). Co seu grupo La Chimera gravou Buenos Aires Madrigal, un disco que mestura tangos arxentinos e madrigais italianos, e Tonos y Tonadas, un traballo dedicado á fusión da música barroca española e o folclore latinoamericano.

Foto Eduardo Egüez

Foto Eduardo Egüez

Foto Eduardo Egüez


© 2009 Sirgo Torcendo. Cultural Management