Menú de accesibilidade con accesos directos a menús e contidos

Inicio Sirgo Torcendo Logotipo de Sirgo Torcendo

Menú de selección de idioma Menú principal coas seccións fundamentais da web

Pres de Cambrai

volver

Música antiga-tradicional-fusión

Este conxunto, de amplo espectro sonoro, enfróntase a un variado repertorio de épocas e estilos sen pretensións historicistas nin revisións puristas, lonxe de polémicas estilísticas e fieis ao seu gusto ecléctico de persoas do século XXI, para ofrecer recitais en espazos sonoros de acústicas repousadas, para solaz do público bo e xeneroso.

O grupo toma o seu nome da cantiga do trovador Xohan Airas, A per quen perço o dormir, "... vestida dun pres de Cambrai, Deus, que ben lles esta manto e saia!", chiscadela á tradición literaria e musical do medievo, na que conflúen e atopan inspiración os integrantes desta singular formación.

Fundado por Belén Bermejo e Ariel Ninas, o grupo preséntase nos seus diferentes proxectos acompañado por músicos e artistas procedentes do ámbito da música antiga, tradicional e do mundo da oralidade.

Os integrantes desta formación desenvolven individualmente unha intensa traxectoria concertística e colaboran habitualmente con grupos como Martin Codax, o grupo de Música Antiga 1500, o coro E Ultreia, Ulobit, Malandança, Decameron & cía. ou a Orquestra de Música Espontánea de Galicia.

O grupo fixo a súa presentación en agosto de 2014 en Vigo, con dous concertos no Verbum e no Museo Quiñones de León, nos que estreou un proxecto músico-literario arredor do centenario do achado do pergamiño Vindel.

  • Ariel Ninas
    Zanfona e percusións
    Belén Bermejo
    Organetto, canto e percusións
    Charo Pita
    Narradora
    Víctor Blanco
    Arpa e guitarra renacentista
    Andrés Díaz
    Arpa e frautas

© 2009 Sirgo Torcendo. Cultural Management