Menú de accesibilidade con accesos directos a menús e contidos

Inicio Sirgo Torcendo Logotipo de Sirgo Torcendo

Menú de selección de idioma Menú principal coas seccións fundamentais da web

Martin Codax

volver

O grupo de música antiga “Martín Codax” leva xa máis de quince anos dedicado ao estudo e á interpretación da música escrita dende a Idade Media ata o Renacemento, especialmente dos séculos XII, XIII e XIV.

O nome do grupo rende homenaxe a un dos máis importantes representantes da lírica galaico-portuguesa, o trobador vigués Martín Codax, sendo as súas sete cantigas parte do repertorio interpretado polo grupo.

O grupo ofreceu concertos en numerosos ciclos e festivais, tanto en Galicia coma no resto de Europa: Festival Intercéltico de Cangas, Festa da Istoria de Ribadavia, Música Antiga nas Rúas de Compostela, Ciclo de Concertos no Museo de Belas Artes de A Coruña, Festival de Música Antiga de Palma de Mallorca, Festival de Música de Palencia, Conmemoración da Declaración de Cuenca como cidade Patrimonio da Humanidade, Auditorio Nacional de Madrid, Instituto Cervantes de Roma, Castell de Peralada ou National Germanisches Museum de Núremberg en Alemaña, Festival Espazos Sonoros... No ano 2000, Martin Codax colaborou co gaiteiro Carlos Núñez nun proxecto para recrear a música medieval con instrumentos do Pórtico da Gloria e ofreceron dous concertos na praza de María Pita na Coruña e no auditorio de Castrelos en Vigo. O 25 de xullo de 2001 interpretaron un programa de música medieval con motivo da entrega pola Xunta de Galicia dos Premios Castelao, e en decembro de 2001 a Radio Galega dedicou un programa especial ao grupo emitido en directo. Ademais, colaborou coas editoriais galegas Galaxia e Xerais na difusión da literatura medieval.

O grupo Martín Codax conta, ademais, co patrocinio da empresa galega Bodegas Martín Codax S.A., comprometida nunha intensa labor de fomento e difusión da cultura e da lírica medieval galaico-portuguesa.

Froito dos máis de dez anos de traxectoria son os catro CD gravados polo grupo, Por que trovar é cousa en que iaz..., Herru Sanctiagu, O viño da vida e Devotio o máis recente, gravado para o selo Cantus e presentado nun concerto celebrado en novembro de 2005 no marco da Igrexa da Universidade de Santiago.

Martin Codax 1

Martin Codax 2

Miguel Fariña Con vilola da Gamba

  • Fernando Olbés Durán
    tenor
    Ana Sánchez Barreiro
    soprano
    Paula Corujo Ferro
    soprano
    Miguel Ángel López Fariña
    vielas, viola da gamba
    Roberto Santamarina Fernández
    vielas
    Carlos Castro Roig
    percusións
    Andrés Díaz Pazos
    chirimía, frautas
    Roberto Sala López
    chirimía, frautas, cromornos, gaita
    Philippe Copin
    zanfonas
    Francisco Javier González Abraldes
    laúde, arpa
    Fernando Olbés / Miguel A. López
    DIRECCIÓN

© 2009 Sirgo Torcendo. Cultural Management