Menú de accesibilidade con accesos directos a menús e contidos

Inicio Sirgo Torcendo Logotipo de Sirgo Torcendo

Menú de selección de idioma Menú principal coas seccións fundamentais da web

La Cecchina

volver

Grupo barroco de cámara

O grupo foi fundado no ano 2005 no seo da Schola Cantorum Basiliensis, centro onde todos os seus membros se teñen especializado en música antiga.

O seu repertorio abarca desde finais do século XVI até finais do XVII, un período que representa o paso da polifonía á monodía acompañada, circunstancia que ofrece ao grupo a posibilidade de tender pontes entre dúas estéticas que sempre se presentan claramente separadas: o Renacemento e o Barroco. La Cecchina, toma o seu nome da cantante e compositora Francesca Caccini e, a través dos seus programas trata de recrear a forma na que a música deses anos evolucionou: o paso da prima alla seconda prattica.

Desde a súa fundación, La Cecchina realizou numerosos concertos en diferentes festivais de Francia, España, Italia, Alemania, Bélgica e Suiza e todos os seus membros son recoñecidos intérpretes no mundo da música antiga. En 2005 o grupo gravou o Primo Libro, de Francesca Caccini, en colaboración coa Radio Suiza.

La Cecchina

La Cecchina

La Cecchina

  • MARIA FERRÉ

    Laude e guitarra barroca
    LIZ RUMSEY

    Lirone e viola de gamba

    VINCENT FLÜCKIGER

    Tiorba

    ANA ARNAZ

    Soprano

© 2009 Sirgo Torcendo. Cultural Management