" />

datas e novas

 

datas e novas
sobre no
axencia artística
proxectos sirgo
contacta con nos

cartel do ciclo
O órgano da Compañía, doutra maneira

A USC reanuda as súas actividades musicais cun ciclo entorno ao órgano da Igrexa da Compañía. Un concerto do Oman Consort, a proxección dunha película de cinema mudo con música ao vivo e unha charla-concerto sobre os instrumentos antigos de tecla integran este proxecto organizado pola Vicerreitoría de Cultura [Máis]

foto miguel fariña
O Grupo Martin Codax grava no Pazo de Xelmírez, a música para un documental do National Geographic

Trátase dunha serie de seis capítulos sobre o Camiño de Santiago, na que se percorre a ruta dende Holanda pasando por Bélxica, Francia e España ata chegar a Compostela. A serie emitirase a partir de febreiro de 2009 a través do National Geographic Channel International para un total de 161 países e en 27 idiomas diferentes.

cartel espazos sonoros

Ciclo Espazos Sonoros

A Consellería de Cultura a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural inaugura unha serie de ciclos de música baixo o título xenérico de Espazos Sonoros. Un total de 66 concertos de música para órgano, música de cámara, antiga, vocal, música experimental ou con raíces en espazos de interese cultural [Máis]

foto do grupo 1500
"Vimos unha estrela..." o Nadal da man do Grupo de Música Antiga 1500


O grupo 1500 presenta en xira o programa Vimos unha estrela...o Nadal na Música Antiga, un percorrdo pola festa cíclica do Nadal dende o Advento ata a chegada dos Reis Magos, a través das cantigas de Afonso X o Sabio, e as obras dos cancioneiros dos ss. XV e XVI.
[Máis]


cartel da exposición
Dos ábacos aos computadores

Continúa a itinerancia da exposición Dos ábacos aos computadores. Logo de percorrer con éxito as sedes de Caixanova en Pontevedra, Ourense e Vigo, a exposición continúa na casa da Cultura de Ribeira ata o mes de outubro, retomando o relevo o Palexco en A Coruña, para rematar en Lugo na facultade de Veterinaria. [Máis]

cartel do ciclo
Homenaxe a Enrique X. Macías no 50 aniversario do seu nacemento

Tres concertos, o 22 de maio no Teatro Rosalía da Coruña, o 23 no Salón Teatro de Santiago e o 25 no MARCO de VIGO; a edición de dous Cds e a dixitalización da obra de Macías, conforman os actos para a conmemoración do que sería o seu 50 aniversario. Organizados pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural en colaboración con MISOMUSIC Portugal, os concertos correrán a cargo do Sond'ar-te Electric Ensemble.

 



150 anos da Lei Moyano

MUPEGA conmemora cunha exposición os 150 anos da promulgación da Lei Moyano e da introdución, no noso país, do ensino experimental. A exposición estará aberta do 16 de outubro ao 29 de febreiro de 2008. [Máis]

foto german diaz

Concertos e unha conferencia no marco da exposición Dos ábacos aos computadores

O grupo Instrumental Siglo XX actuará o día 27 de febreiro cun programa sobre as relacións entre a Música e Matemáticas; Germán Díaz farao o 26 de marzo nun concerto para zanfoña, caixa de música e órgano de barbaria que leva por título π (ou sexa, Pi). Os concertos serán na Igrexa da Universidade ás 20.30.
O catedrático de Historia do Cine, Luis Hueso, dará unha conferencia no Salón de Actos da Facultade de filosofía ás 20 h. baixo o título Cando as matemáticas fan cine. [Máis]


foto arte en parteO dúo de guitarras arte en pArte, único grupo español invitado ao festival internacional de guitarra do Instituto Cultural Peruano Norteamericano, na súa XVIII edición do 10 ao 15 de marzo


foto martin codaxO grupo Martin Codax en Núremberg

O grupo Martin Codax ofreceu un concerto o día 30 de xaneiro , dentro do ciclo de concertos de Música Antiga que organiza o Germanisches National Museum de Nuremberg en colaboración coa Radio Bábara. O concertos foi gravado en directo para ser retransmitido porla radio 4Klassik.


sirgo recomenda

logo cineclube de compostela

musik plus

lebensmusik