Menú de accesibilidade con accesos directos a menús e contidos

Inicio Sirgo Torcendo Logotipo de Sirgo Torcendo

Menú de selección de idioma Menú principal coas seccións fundamentais da web

Presentación

Sirgo Torcendo é unha empresa dedicada á busca de solucións eficaces e innovadoras no eido da xestión cultural que ofrece un trato personalizado e axeitado ás necesidades específicas de cada cliente.

O compromiso coa cultura, coa nosa, e coas outras culturas, a aposta pola innovación e pola calidade son os fins que inspiran a nosa xestión.

  • Servizos:
  • Concepción, deseño e execución de todo tipo de proxectos culturais.
  • Servizos como axencia para contratación de artistas nos eidos da música, a ilustración e a escena.
  • Secretaría privada para artistas: asesoramento para o desenvolvemento dun concepto artístico, elaboración de folletos e material de promoción, deseño de páxinas web para artistas, contratación, xestión de xiras e concertos, organización de viaxes, loxística, deseño e fotografía para webs e elementos de mercadotecnia.
  • Servizos para a produción e organizacións de espectáculos e eventos.
  • Asesoramento para a organización e produción de ciclos e programacións culturais.
  • Asesoramento na organización de todo tipo de actividades didáctico-musicais para museos, centros educativos ou sociais.
  • Desenvolvemento de conceptos expositivos: idea e elaboración de contidos, deseño técnico, produción e montaxe

© 2009 Sirgo Torcendo. Cultural Management