

O órgano da Compañía, doutra maneira, é unha iniciativa da Vicerreitoría de Cultura da USC, que pretende dar vida a este valioso instrumento musical, patrimonio da Universidade e da cidade de Compostela, permitindo un achegamento diferente, fora do convencional, á súa música e ás súas posibilidades e recursos acústicos e expresivos.
Da man do Oman Consort, un dos grupos especializados na música barroca máis recoñecidos do panorama internacional, faremos un percorrido musical polo barroco.
O órgano permitiranos, ademáis, en colaboración co Cineclube Compostela, poñer música a unha película de cinema mudo, Zemlya (A terra), de Alexander Dovjenko, URSS, 1930; improvisación musical para órgano e guitarra eléctrica, nunha combinación tan inusual como versátil e sorprendente.
Ademais. asistiremos a unha charla-concerto para diversos instrumentos antigos de tecla (clave, regal, organetto...) presididos polo órgano barroco da Igrexa da Universidade, que nos permitirá coñecer de cerca a evolución e as tipolxías destos instrumentos e os repertorios para os que eran empregados na súa época.
<<Imaxes do concerto do Oman Consort
<<Imaxes da charla-concerto con Herbert Kuen
A Consellería de Cultura a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural presentou o programa Espazos Sonoros, música de órgano, vocal, antiga, de cámara e outros sons en espazos de interese cultural.
Espazos Sonoros pretende servir de punto de encontro entre públicos e artistas ao tempo que de marco de referencia para a presentación de propostas artístico-musicais na nosa Comunidade e para o fomento e difusión das actividades que veñen realizando algunhas das formacións galegas máis relevantes no eido da música clásica. Un total de 24 espazos repartidos ao longo das catro provincias galegas, para 66 concertos e 25 formacións, nunha serie de cinco ciclos de música que se desenvolverán dende o 9 de abril ata o 14 de xuño. Unha experiencia única onde públicos e músicos viaxarán a través do tempo e dos estilos musicais e arquitectónicos.
Máis información na web:
www.espazossonoros.org
|


A USC e Caixanova, inauguraron o día 29 de xaneiro unha exposición na Igrexa da Compañía adicada á evolución do cálculo ao longo da Historia dende os ábacos ata os primeiros computadores e os máis sofisticados dispositivos para o almacenaxe de datos. Unha aposta destas dúas institucións pola divulgación da ciencia que se puido, ademais, contemplar nas sedes de Caixanova en Pontevedra, Vigo e Ourense. Actualmente a exposición pódese visitar até o 21 de setembro na Casa da Cultura en Ribeira, do 1 de outubro ao 1 de novembro na Facultade de Veterinaria en Lugo e do 6 de novembro ao 14 de decembro no Palexco na Coruña.
Ademais, vencelladas á exposición se realizaron unha serie de actividades que comezaron co concerto inaugural na Igrexa da USC a cargo do pianista Nicasio Gradaille e continuaron cun concerto do Grupo Instrumental Siglo XX co título Música ou matermáticas?, un concerto de Germán Díaz co título Ou sexa pi, e unha conferencia a cargo de Luís Hueso que leva por título, Cando as matemáticas fan cine. |