Obradoiros para aprender a contar historias e ler contos de viva voz
Como se contar historias fose un oficio semellante ao de costureira ou xastre, podemos facer un conto a medida para contar ou adaptar os que descubrimos en librarías ou bibliotecas, ou aqueles que nos chegan a través da xente do nosso arredor. As preguntas clave para este obradoiro serían: De onde tirar o tecido para elaborar un conto? Como deseñalo, cortalo e coselo para podelo ler de viva voz ou para contalo sen libro? Como atopar historias? Como adaptalas á nosa medida?
Neste obradoiro afondaremos na técnica de como facer do conto un traxe á medida da persoa que narra, que ferramentas corporais e vocais son precisas, que lugar ocupan o silencio, os oíntes e o propio narrador, no acto de dicir de viva voz e como transformar un relato escrito nunha historia para ser narrada.
© 2009 Sirgo Torcendo. Cultural Management