Flor Nova do Romanceiro Ibérico é un ciclo de actividades ao redor desta manifestación literaria de carácter oral e transmitida desde finais da Idade Media até os nosos días.
O 8, 9,15 e 16 de outubro, Compostela terá oportunidade de achegarse ao rico patrimonio musical e literario do Romanceiro Ibérico. Concertos, palestras, entremeses, daranse cita en diferentes localizacións do rural compostelán.
Un programa de abrangue concertos, palestras e vídeos de divulgación e formación para todos os públicos. Acontecerá os vindeiros 8, 9 15 e 16 de outubro de 2021 en lugares de interese patrimonial de parroquias rurais de Compostela cunha perspectiva renovada e enriquecida sobre diferentes variantes do Romance Ibérico tradicional, histórico, vulgar ou de cego, de tempos pretéritos e actuais. Para a realización dos concertos escolléronse edificacións singulares do rural compostelán como as igrexas de Santo André de Barciela, Santa María de Villestro e San Paio da Sabugueira.
A segunda edición de Flor Nova do Romanceiro Ibérico será debullada verso a verso pola inigualábel cantora e investigadora arxentina especializada na recepción do romance no Novo Mundo Diana Baloni e polo Grupo 1500, referente no ámbito ibérico de interpretacións informadas de música antiga. A dupla de Alba María e Queco Díaz e o concerto solista de Miro Casabella abordarán os romanceiros galegos de tradición oral e de nova creación que achegan todo o sabor da honesta interpretación popular. O zanfonista e cantor Francisco do Romualdo cantará “romances novos” lembrando a aquelas persoas invisuais que os transmitiron e vendían en pregos de cordel.
Flor Nova do Romanceiro Ibérico atende a manifestacións desenvolvidas neste xénero literario-musical prestando especial atención ao patrimonio inmaterial local que será abordado de forma específica na programación a través dos diálogos e actividades dixitais centradas nos romanceiros e Santiago de Compostela.
Os concertos e actividades presenciais da programación da II FLOR NOVA DO ROMANCEIRO IBÉRICO contan coa colaboración das parroquias de San Andrés de Barciela, Santa María de Villestro e San Paio da Sabugueira e a Asociación do Patrimonio dos Ancares e Asociación do Conservatorio de Música Tradicional e Folque.
PROGRAMACIÓN PRESENCIAL
Venres 8 outubro
Igrexa de San Paio de Sabugueira
18.30 h Cantares: Francisco do Romualdo. “Paus de cego”
19.00 h Concerto: Miro Casabella. “Cantor da liberdade”
Sábado 9 outubro
Igrexa de Santo André de Barciela
20.00 h Concerto: Grupo 1500. “Contar cantando”
+ Parola con Andrés Díaz
Venres 15 outubro
Igrexa de Santo André de Barciela
20.00 h Concerto: Diana Baroni & Rafael Guel. “Tonos e Romances”
+ Parola con Diana Baroni
Sábado 16 outubro
Igrexa de Santa María de Villestro
19.00 h Concerto: Alba María & Queco Díaz. “é Romance”
+ Parola con José Luís Forneiro
PROGRAMACIÓN DIXITAL
FLOR NOVA EPISODIO I: Contar cantando
O romance entre as orixes e o século XVI con Andrés Díaz
FLOR NOVA EPISODIO II:
Os romanceiros e Santiago con José Luís Forneiro
FLOR NOVA EPISODIO III: Tonos e Romances
Vestixos do romanceiro vello en Iberoamérica con Diana Baroni
FLOR NOVA EPISODIO IV:
O Romance do Capitán Moreno con Xavier Moure
FLOR NOVA. Acción normalizadora con Alba María Rodríguez
Web de reservas para os concertos :
http://www.folque.com/01.140415wp/reserva-billetes-ii-flor-nova-romanceiro-iberico/
*proxecto financiado ao abeiro da convocatoria de axudas para actividades culturais do Concello de Santiago
© 2009 Sirgo Torcendo. Cultural Management