MUPEGA, 16 outubro 2007- 29 de febreiro 2008
O 9 de setembro de 1857 promulgábase a Lei de instrución pública (coñecida como Lei Moyano en recordo do por aquel entón ministro do eido educativo, Claudio Moyano). Trátase do primeiro texto de rango legal que afronta a regulación da denominada instrución pública. A Lei Moyano significa a cristalización de toda unha serie de ideas herdadas do legado da Ilustración e agora recollidas polos postulados do liberalismo; a necesidade de achegar a instrución ao maior número de persoas e a introdución dun ensino de carácter experimental, que trata de demostrar os procesos da natureza á marxe dos dogmas da fe, principio que se plasmará na creación dos chamados gabinetes científicos nos centros educativos.
A exposición achéganos ao legado dos diversos gabinetes que se crearon en Galiza en execución da lei. Nela atoparemos os instrumentos científicos que se empregaban para demostrar os diversos fenómenos da natureza, coleccións minerais e naturais, figuras clásticas etc.
© 2009 Sirgo Torcendo. Cultural Management