Menú de accesibilidade con accesos directos a menús e contidos

Inicio Sirgo Torcendo Logotipo de Sirgo Torcendo

Menú de selección de idioma Menú principal coas seccións fundamentais da web

 

Proxectos

volver

Exposición Dos Ábacos aos Computadores

Universidade de Santiago de Compostela e Caixanova, xaneiro 2008-decembro 2009

A exposición está adicada á evolución do cálculo ao longo da historia desde os ábacos ata os primeiros computadores e os máis sofisticados dispositivos para a almacenaxe de datos.

Arredor da exposición vanse realizar actividades como un obradoiro para nenos de primaria e secundaria; un concerto inaugural a cargo do pianista Nicasio Gradaille co programa Music for 88; un concerto do Grupo Instrumental Siglo XX co título Música ou matemáticas?; un concerto de Germán Díaz co título Ou sexa pi, e unha conferencia a cargo do catedrático de Historia do Cine da USC, Luís Hueso, baixo o título ”Cando as matemáticas fan cine”.

A exposición percorrerá diferentes sedes: a igrexa da Compañía, en Santiago; a Fundación Caixanova, en Vigo, Ourense e Pontevedra; a Casa da Cultura de Ribeira; a Facultade de Veterinaria, en Lugo e Facultade de Informática da Coruña.

Cartel da exposición

Imaxe da exposición

Imaxe da exposición

  • Organiza
    USC en colaboración con Caixanova
    Montaxe e deseño
    Sirgo Torcendo

© 2009 Sirgo Torcendo. Cultural Management