Menú de accesibilidade con accesos directos a menús e contidos

Inicio Sirgo Torcendo Logotipo de Sirgo Torcendo

Menú de selección de idioma Menú principal coas seccións fundamentais da web

 

Proxectos

volver

Ciclo Espazos Sonoros 08

Consellería de Cultura, Xunta de Galicia, abril-xuño 2008

A Consellería de Cultura a través da súa Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural organiza este singular ciclo de músicas en espazos de interese cultural que pretende servir de punto de encontro entre públicos e artistas ao tempo que de marco de referencia para a presentación de propostas artístico-musicais na nosa Comunidade. O ciclo, estruturado con base en catro eixes fundamentais (a música para órgano, a música antiga, a música de cámara e a música vocal e de vangarda), desenvolverase ao longo de 20 espazos entre o 9 de abril e o 14 de xuño. Participan no proxecto un total de 25 formacións que se encargarán de interpretar 66 concertos. Xunto ás formacións galegas máis representativas no eido tanto clásico coma doutras músicas, a programación presenta propostas de artistas de renome internacional entre os que atopamos o Ensemble Gilles Binchois, Michael Oman, o Cuarteto Quiroga ou Huun Huur Tu.

Cartel do Ciclo edición 2008

Foto Espazos Sonoros

Foto Espazos Sonoros

  • Organiza
    Consellería de Cultura, Xunta de Galicia
    Produción e coordinación xeral
    Sirgo Torcendo

© 2009 Sirgo Torcendo. Cultural Management