Menú de accesibilidade con accesos directos a menús e contidos

Inicio Sirgo Torcendo Logotipo de Sirgo Torcendo

Menú de selección de idioma Menú principal coas seccións fundamentais da web

 

Proxectos

volver

Ciclo Escoitas arredor de Enrique X. Macías

Consellería de Cultura, Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, Xunta de Galicia, maio 2008

A Consellería de Cultura, a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, homenaxea a Enrique X. Macías no cincuentenario do seu nacemento, nun intento por dar a escoitar e coñecer o legado musical e creativo do autor galego. Para iso, en colaboración coa asociación portuguesa Miso Music Portugal, fiel depositaria da obra do compositor, e os Concellos de Vigo, cidade natal de Enrique X. Macías, Santiago e A Coruña, empréndense diferentes iniciativas que teñen por obxectivo contribuír á difusión da figura e da obra do internacionalmente recoñecido e prematuramente falecido compositor, para un mellor coñecemento do seu legado e para o fomento da interpretación e a circulación da súa música.

Os concertos desenvolveranse en Vigo (MARCO), A Coruña (Teatro Rosalía de Castro) e Santiago (Salón Teatro), a cargo do grupo portugués Sond’Ar-te electric Ensemble, dirixido por Miguel Azguime, amigo persoal do finado compositor.

Cartel do ciclo

  • Organiza
    Consellería de Cultura, Xunta de Galicia
    Produción
    Sirgo Torcendo

© 2009 Sirgo Torcendo. Cultural Management