Menú de accesibilidade con accesos directos a menús e contidos

Inicio Sirgo Torcendo Logotipo de Sirgo Torcendo

Menú de selección de idioma Menú principal coas seccións fundamentais da web

 

Proxectos

volver

O Órgano da Compañía, doutra Maneira 08

Universidade de Santiago de Compostela, maio-xuño de 2008

O Órgano da Compañía, doutra Maneira, é un ciclo de música para órgano que pretende dar vida a este valioso instrumento musical, patrimonio da Universidade e da cidade de Compostela, permitindo un achegamento diferente, fóra do convencional, á súa música e ás súas posibilidades e recursos acústicos e expresivos.

A programación desta primeira edición componse de tres actividades:

Da man do Oman Consort, un dos grupos especializados na música barroca máis recoñecidos do panorama internacional, faremos un percorrido musical pola música de arredor do 1700.

O órgano permitirá, ademais, poñer música a unha película de cinema mudo, Zemlya (A terra), de Alexander Dovjenko, URSS, 1930; improvisación musical para órgano e guitarra eléctrica nunha combinación tan pouco usual coma versátil e sorprendente.

Ademais asistiremos a unha charla-concerto para diversos instrumentos antigos de tecla (clave, regal, organetto...) presididos polo órgano barroco da igrexa da Universidade. Nela coñeceremos de cerca a evolución e as tipoloxías destes instrumentos e os repertorios para os que eran empregados na súa época.

O noso convidado, o órgano da igrexa da Compañía, foi construído en 1801 polo compostelán José Sanz para o Colexio de Capeláns de Sancti Spiritus, que celebraba entón os seus cultos no templo. Foi restaurado polo obradoiro de organería de Gerhard Grenzing en 1998. Situado no coro alto da igrexa, no lado esquerdo, o órgano é de tipo polifónico con teclado único de ventá e destaca polos seus vintecatro xogos, que inclúen sons afrautados, címbalas, cornetas, trompetas reais ou claríns, entre outros. Se ben tardío, segue a representar as características propias do órgano barroco español.

Cartel do ciclo edición 2008

Foto concerto Oman Consort

Foto concerto Oman Consort

  • Organiza
    Vicerreitoría de Cultura da USC
    Idea e Produción
    Sirgo Torcendo
    Colabora
    Cineclube Compostela

© 2009 Sirgo Torcendo. Cultural Management