Xunta de Galicia, Consellería de Cultura e Turismo, abril-xuño 2009
Este ciclo, organizado pola Consellería de Cultura a través da súa Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, consolídase nesta segunda edición como un ciclo que pretende vencellar a música coa posta en valor do patrimonio histórico-artístico. Un selección de 27 sorprendentes espazos repartidos ao longo das catro provincias galegas servirán de escenarios de excepción para un total de 88 concertos que se desenvolverán desde o 15 de abril ata o 28 de xuño.
Por segundo ano as máis importantes formacións galegas xunto a artistas e formacións de relevo internacional (Le Trio Joubran, Ensemble Kapsberger, Rolf Lislevand, Austrian Baroque Company, Abe Rábade, Emilio Cao, Moscow Art Trio) convivirán nunha experiencia única onde públicos e músicos viaxarán a través do tempo e dos estilos musicais e arquitectónicos nun dos festivais de música con maior personalidade no panorama musical internacional.
© 2009 Sirgo Torcendo. Cultural Management