Xunta de Galicia, Consellería de Cultura e Turismo, setembro-outubro 2010
UNHA HOMENAXE AOS NOSOS PÚBLICOS
Baixo este lema foi presentada a terceira edición do ciclo Espazos Sonoros o 19 de xullo en San Domingos de Bonaval, nun acto que contou coa presenza do Conselleiro de Cultura, do Director Xeral de Promoción e Difusión da Cultura e coa directora artística e coordinadora do programa, Belén Bermejo.
Espazos Sonoros levará a música un ano mais, a diferentes espazos do patrimonio galego, a través de 45 concertos e 21 espazos nos que participarán un total de 26 formacións musicais.
Música antiga con Oni Wytars, Arianna Savall ou o Huelgas Ensemble, música para órgano con Andrés Cea, música de cámara, outras músicas con Dona Rosa ou Josephine Foster e a Víctor Herrero Band e actividades e obradoiros nos que o público terá un especial protagonismo, son os ingredientes básicos da programación desta nova edición dos Espazos Sonoros.
© 2009 Sirgo Torcendo. Cultural Management