Menú de accesibilidade con accesos directos a menús e contidos

Inicio Sirgo Torcendo Logotipo de Sirgo Torcendo

Menú de selección de idioma Menú principal coas seccións fundamentais da web

 

Proxectos

volver

O órgano da Igrexa da Universidade, doutra maneira 2010

Universidade de Santiago de Compostela, Outubro de 2010

O ciclo volta na súa terceira edición, ofrecendo a súa particular visión da música para órgano e dos repertorios e sonoridades por descubrir tras este imponente instrumento, que ten un dos seus mais valiosos exemplares depositado na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela.

Na liña xa iniciada nas anteriores edicións, a programación do ciclo promete variedade e singularidade de contidos sen perder un sólido concepto de base, así coma un elevado nivel de calidade na execución dos programas.

Nesta terceira edición do ciclo propoñemos achegarnos ao órgano dende a súa propia esencia barroca nun xogo de luces e sombras, de desequilibrios e contrastes que servirán de pretexto para asistir a unha “festa barroca” ambientada para a ocasión.

Nesa mesma idea de festa propoñemos, ademais, un programa de danza para unha singular combinación instrumental: órgano e nyckleharpa, un instrumento propio das culturas populares nórdicas. Un programa no que terá, novamente, un papel esencial a improvisación, sempre tan vencellada ao bo facer dos organistas.

Tamén na liña de pasadas edicións, o programa oriéntase cara outras disciplinas artísticas, neste caso, a literatura, da man dalgunha das máis destacadas figuras da nosa poesía contemporánea, nun recital no que a música estará presente a través doutra singular simbiose instrumental, o órgano e a música electrónica.

En definitiva, tres actividades para disfrutar da música, do órgano e do espazo da igrexa da Universidade, doutra maneira.

Martina Schobersberger

Marilar Aleixandre

A Igrexa da Universidade

  • Organiza:
    Vicerreitoría de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade da USC
    Idea, produción e dirección artística:
    Sirgo Torcendo
    Colabora:
    Asociación Panda de RR.LL.

© 2009 Sirgo Torcendo. Cultural Management