Menú de accesibilidade con accesos directos a menús e contidos

Inicio Sirgo Torcendo Logotipo de Sirgo Torcendo

Menú de selección de idioma Menú principal coas seccións fundamentais da web

 

Proxectos

volver

Os Seráns do TAC (TALLER ATLÁNTICO
 CONTEMPORÁNEO)

do 21 XUÑ ao 18 DEC
 - Cidade da Cultura de Galicia

Música contemporánea, humor e gastronomía. É a atractiva e singular oferta que o Taller Atlántico Contemporáneo (TAC) propón para a Cidade da Cultura, como parte da programación do Ano Galego da Música 2011.

Os Seráns do TAC toman como argumento principal a maxia do lusco-fusco, festexado na cultura tradicional galega con festas participativas organizadas polos veciños de aldeas e parroquias que se reúnen para tocar, bailar e comer nos días nos que non hai celebracións oficiais ou patrón que festexar.

Retomando este argumento antropolóxico, o TAC proponnos achegármonos a dous mundos aparentemente moi distantes entre si, axudándonos a introducirnos na música contemporánea dun modo festivo e ameno, a través dos elementos básicos das festas populares dos seráns galegos.

Esta proposta do TAC inclúe cinco concertos nun formato nada convencional e sorprendente. Os actores Quico Cadaval e Carlos Blanco, e o músico Julián Hernández (Siniestro Total) introducen en clave de humor os músicos galegos, solistas invitados e directores de renome internacional que participan no programa. O programa de actividades complétase cun obradoiro didáctico para nenos e nenas de 5 a 15 anos, na segunda xornada de Os Seráns do TAC.
E para darlle sabor a Os Seráns do TAC, representantes da nova cociña galega aderezan este excepcional programa coas tapas que servirán ao final de cada concerto, inspirados nos elementos do programa musical. Así, vangarda e tradición actúan coma fío condutor dun proxecto extraordinario no que se fusionan a contemporaneidade dos espazos e da arquitectura da Cidade da Cultura, da cociña, da música e dos elementos etnográficos da festa popular galega.

Foto TAC

  • Organiza
    Fundación Cidade da Cultura
    Produción
    Sirgo Torcendo

© 2009 Sirgo Torcendo. Cultural Management