Menú de accesibilidade con accesos directos a menús e contidos

Inicio Sirgo Torcendo Logotipo de Sirgo Torcendo

Menú de selección de idioma Menú principal coas seccións fundamentais da web

 

Proxectos

volver

Ciclo Espazos Sonoros 11

Xunta de Galicia, Consellería de Cultura e Turismo, Agosto - Outubro 2011

Novos camiños para a música...

Baixo este lema foi presentada a cuarta edición do ciclo Espazos Sonoros o 5 de xullo na Cidade da Cultura, nun acto que contou coa presenza do Conselleiro de Cultura, o Director de AGADIC e a directora artística do ciclo, Belén Bermejo.

Espazos Sonoros levará a música, un ano máis, a diferentes espazos do patrimonio galego, a través de 27 concertos nos que participarán 20 formacións musicais.

Nesta edición, a proposta musical continúa fiel á súa idea de valorizar o noso potencial artístico, para o cal conta con algunhas das mellores formacións e intérpretes que traballan en Galicia, ao tempo que o fai con artistas convidados procedentes de diferentes países. Xunto á programación musical haberá oportunidade de participar de novo en diferentes actividades, como andainas, obradoiros ou unha charla-concerto.

En definitiva, unha ampla oferta na que descubrir novos camiños para o lecer e para o encontro coa música e o patrimonio.

Cartel Edición 2011

Foto rolda de prensa

Foto rolda de prensa

  • Organiza
    AGADIC, Consellería de Cultura e Turismo e Fundación Illa de San Simón
    Dirección artística e coordinación da produción
    Sirgo Torcendo

© 2009 Sirgo Torcendo. Cultural Management