Menú de accesibilidade con accesos directos a menús e contidos

Inicio Sirgo Torcendo Logotipo de Sirgo Torcendo

Menú de selección de idioma Menú principal coas seccións fundamentais da web

 

Proxectos

volver

Ópera A Voz Humana

Traxedia lírica nun acto de Francis Poulenc (1899-1963) con libreto de Jean Cocteau

A obra é un monólogo que fala da desesperación, do medo á perda, da sensación de abismo, moito máis aló da soidade, que deixa a marcha da persoa amada.

Unha muller soa agarda unha chamada. Entre tanto, consúmea a desolación e a angustia: a incertidume de ser abandoada por outra. O argumento limítase á conversa telefónica duns 45 minutos desta muller, “Ela”, co seu amante, do cal so podemos intuir o que dí, a través das respostas da muller. A pesar das súplicas, rogos e choros, él a deixa e ela abandóase á súa desesperación.

Esta ópera explora os límites mesmos do xénero operístico. A crise da ópera no século XX, que se puxo de manifesto coas críticas dalgúns intelectuais polo aburguesamento do xénero, tal e como denunciaba Theodor W. Adorno, a fosilización dos públicos ou a competencia de novos xéneros artísticos como o cine, obrigaron aos creadores da ópera a reflexionar sobre as súas posibilidades como xénero e a súa capacidade de renovación.

A figura da cantante Denise Duvall, protagonista da estrea en 1959, forma parte do proceso creador. Ela mesma declarou: "eu vin a Francis Poulenc escribir A voz humana páxina a páxina, compás a compás para min, coa súa carne, pero tamén coas miñas feridas de corazón, estábamos ámbolos dous en medio dun drama sentimental, chorábamos xuntos e esta Voix humaine foi como un diario dos nosos sufrimentos".

A voz humana ten por último un protagonisa ausente, o amante, presente virtualmente a través do teléfono, convertido nun símbolo de soedade e abandono. Cocteau captou con agudeza, como ese novo artiluxo da comunicación simbolizaba precisamente a soidade e a incapacidade para procurar a comunicación entre persoas da sociedade contemporánea.

Cartel

Foto 1

Foto 2

  • LAURA ALONSO PADÍN
    Soprano
    JAVIER OTERO NEIRA
    Piano
    Sirgo Torcendo
    Produción

© 2009 Sirgo Torcendo. Cultural Management