" />
que somos?
datas e novas
sobre no
axencia artística
proxectos sirgo
contacta con nos

Sedía la fremosa seu sirgo torcendo... asi comeza a cantiga de tear de Estebam Coelho, poeta portugués do século XIII.

Sirgo torcendo busca a súa identidade no oficio da fiandeira, no traballo artesanal e paciente das mulleres na fiada. Cada un dos nosos traballos son o resultado de moitas frebas de liño trenzadas manseniño. 

Sirgo Torcendo é unha empresa adicada á busca de solucións eficaces e innovadoras no eido da xestión cultural
T
raballamos na concepción, deseño e execución de todo tipo de proxectos culturais e ofertamos tamén servizos como axencia mediadora na contratación de artistas no eido da música e da ilustración e servizos de secretaría privada para artistas.

O compromiso coa cultura, a nosa, e as outras culturas, a aposta pola innovación e a calidade son os fins que inspiran a nosa xestión.   

Axencia artística

Sirgo Torcendo ofrece servizos como axencia de contratación de artistas. Contamos no noso catálogo cunha coidada selección de grupos e ofrecemos un trato persoalizado e acorde coas necesidades específicas de cada cliente.
Ofrertamos servizos de asesoramento para a elaboración do seu concepto artístico ou programación e axudamos aos artistas a planificar a súa carreira artística ofrecendo servizos de secretaría privada.

Ciclos de música e festivais: os nosos servizos están dirixidos a institucións públicas e privadas, museos, fundacións, asociacións, ciclos de música e festivais tanto para a intermediación na contratación de artistas como para a organización de ciclos e programacións musicais.

Actividades didácticas: organización de todo tipo de actividades didáctico- musicais para centros educativos ou sociais.

Actividades para organizadores de eventos particulares ou empresas: asesoramento na organización de espectáculos de mediano formato de duración e programa axeitables aos diferentes eventos e ocasións: inauguración e clausura de xornadas e congresos, exposicións, entregas de premios, actos oficiais, presentación de productos, festas privadas e asesoramos na elección do tipo de música e programa que lle convén a cada evento.

Ilustración

Ofrecemos servizos como axencia para a representación e promoción do traballo de ilustradores e deseñadores


Proxectos expositivos

Traballamos para ofrecerlle un concepto expositivo: desenvolvemento de contidos, deseño técnico e producción. Actuamos como impulsores do seu proxecto.

Os nosos traballos

Para ver o listado de traballos pincha [aqui]